Ramón Villares: “Sempre en Galiza aínda me acompaña ata hoxe”

Ramón Villares: “Sempre en Galiza aínda me acompaña ata hoxe”

02 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Ramón Villares remexía entre os andeis da biblioteca de libros galegos da Universidade de Comillas a finais dos anos 60, buscando formarse “nese proceso autodidacta que moitos tivemos que afrontar para entender o que era a cultura galega”. Alí, en Madrid, atopou dúas publicacións que o marcaron. Unha foi “Galicia Hoy”, publicada en Ruedo Ibérico por Maximino Brocos e Santiago Fernández, que máis

Na relación de décadas que vén mantendo co texto, Villares gábase de ter participado na edición “que segue sendo a máis canónica despois da que fixo o propio Castelao”. Refírese á edición crítica que realizou xunto cun equipo de investigación da Universidade de Santiago e co Parlamento galego e que coordinou o profesor Ramón Máiz. Agora anima a que o resto do mundo comparta este amor por “Sempre en Galiza” con varias accións artelladas a través das webs da institución que preside: consellodacultura.org e culturagalega.org.

Xa está en marcha a de compartir liñas da obra nas redes sociais acompañadas da etiqueta #sempreengz. Ademais, vaise promover que galegos e galegas de todo o mundo se graven lendo fragmentos escritos por Castelao e os compartan tamén en liña, porque así o seu legado “estará presente en moitos lugares e será asumido por moitas persoas”.

Renovación

Ramón Villares vén ser reelixido como presidente do Consello da Cultura Galega para unha última etapa de catro anos nun cargo que ocupa dende o ano 2006. Opina que a institución ten unha “velocidade de cruceiro”, e que conta con facer cousas novas “pero sempre gardando unha continuidade, un estilo que nos permita recoñecernos”. Valora que baixo o seu goberno, xa se fixo “unha reflexión sobre o papel do Consello e unha reforma da estrutura de recursos humanos” e sinala que “dende 2010 comezamos a proxectarnos cara fóra e nesa dirección estamos”.

Cultura