A rapa das bestas volve ao curro da Capelada

A rapa das bestas volve ao curro da Capelada
15 de Maio, 2019 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de duascentas bestas chegarán ao curro da Capelada o domingo dous de xuño. A asociación Santo André Eventos organiza a rapa das bestas e traballa xa na recollida do gado criado en liberdade na serra. O obxectivo desta actividade tradicional é manter desparasitados, limpos e sans aos animais, segundo lembra o presidente da entidade Jorge Bellón.

ESCOITA O PODCAST:
Festa do Cabalo de Magalofes. 2010

Ofreceráse o espectáculo dos aloitadores, a loita do home co cabalo. É certo que na rapa das bestas hai loita. Non é unha brincadeira, non é un simulacro, non é unha trangallada. Hai loita sí. Máis non hai humillación, non hai abuso, non hai saña. Non hai morte. En realidade é unha loita contra a morte. A celebración do rexudir da natureza, unha vez pasada a proba dos desafíos, segundo asegura o escritor Manolo Rivas. Contan á par os seres humanos e os seres máis portentosos do monte, os fillos do vento. No curro da Capelada (Santo André de Teixido en Cedeira) habilitaránse toldos para que se poida xantar churrasco e polbo. Haberá tamén probas de andadura e outras exhibicións especialmente adicadas ás persoas amantes dos cabalos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora