Rapaces con discapacidade intelectual enchen de cor contos inéditos de literatos galegos

Rapaces con discapacidade intelectual enchen de cor contos inéditos de literatos galegos

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As palabras póñenas algúns dos escritores máis coñecidos da literatura infantil galega e as ilustracións corren a cargo dos alumnos de Aspanaex, a Asociación en favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra. A conxunción de toda esa creatividade dá lugar ao libro Quéroche contar un conto, que sacou do prelo Xerais e que se presentará publicamente no Museo Marco de Vigo o sábado dí

A través desta obra preténdese dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con discapacidade intelectual, constituíndose nun claro exemplo de que conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios. Explicouno así en Radiofusiòn a directora de Aspanaex, Beatriz Macías, quen se declarou moi “orgullosa” de poder ter xa o libro nas mans.

O libro contén relatos infantís de An Alfaya, Os segredos das cores; Francisco Castro, A sombra que asombra; Xosé Cermeño, Historia de don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar; Agustín Fernández Paz, Unha amiga secreta; e Irene Pérez Pintos, Cousas que facer un día de chuvia. Todos eles participaron de xeito desinteresando ofrecendo textos inéditos que serviron de base aos alumnos de Apanaex para crear unhas ilustracións que, segundo contou Beatriz Macías, “están cheas de cor”.

Sociedade