As razóns do éxito de Donald Trump

As razóns do éxito de Donald Trump
09 de Decembro, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Que pasa coa dereita? A esta pregunta tenta responder o politólogo Corey Robin no seu libro “La mente reaccionaria”. Debulla os puntos de conexión entre as persoas conservadoras desde o século dezaoito ata Donald Trump.

ESCOITA O PODCAST:
Noel Blanco. Profesor da Universidade de Chicago

Indica que estes movementos tratan de xerar sentimentos de privilexio entre determinados sectores. Privilexios territoriais, de raza ou de xénero. O libro de Corey Robin “La mente reaccionaria” estuda as ideas políticas da dereita ao longo do tempo. Pensa nos elementos constitutivos máis importantes do movemento conservador desde a Revolución Francesa, segundo o profesor da Universidade de Chicago Noel Blanco.
Constrúense impulsos que apelan ás paixóns da xente para crear combinacións electorais que favorezan ás grandes empresas e aos rentistas. O libro na segunda edición foi loubado universalmente, pero a primeira edición foi moi criticada.
Corey Robin é un home académico, un politólogo tradicional, pero ao mesmo tempo unha persoa comprometida, por exemplo, coa causa palestina. Algo verdadeiramente estraño nos Estados Unidos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora