Reciclaxe de aparellos electrónicos

Reciclaxe de aparellos electrónicos
08 de Xullo, 2020 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Neda conta cun novo servizo para a entrega e reciclaxe de aparellos electrónicos As persoas interesadas en desfacerse de vellos ordeadores, televisores, impresoras ou teléfonos móbiles poden entregalos na casa consistorial.

O Concello de Neda conta cun novo servizo para o depósito e reciclaxe de aparellos electrónicos tal que ordeadores de sobremesa, ordeadores portátiles, impresoras ou teléfonos móbiles en desuso. Dadas as súas dimensións e características, está situado na nave municipal do Puntal, pero para facilitar o seu uso por parte da veciñanza, o Concello informa de que os depósitos poderán facerse na propia casa consistorial e que operarios municipais trasladaranos á citada nave.

Para iso, é preciso chamar ao 981 38 00 39 e informar previamente da entrega. Este punto súmase ao habilitado hai unha semana no mesmo consistorio para o depósito e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos -cepillos de dentes eléctricos, secadores de pelo, tablets ou planchas-; lámpadas, pilas e tóners.

Institucional

Publica o teu comentario agora