Reclaman a Adif un paso que salve a via do tren en Fene

Reclaman a Adif un paso que salve a via do tren en Fene

26 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz do goberno local de Fene, Rocío Bértoa, manifestou esta mañá en Radio Fene que non hai moitas probabilidades de que Adif execute un paso subterráneo na via do tren onde hai uns dias ocurría un accidente. Engade Bértoa que ao chegar ao goberno, local hai dous anos, se puxeron en contacto con Adif para estudar unha solución pero que dende este organismo  non lles deron solución algunha. Os veciños retoman a busqueda de s

A portavoz do goberno local de Fene, Rocío Bértoa, manifestou esta mañá en Radio Fene que non hai moitas probabilidades de que Adif execute un paso subterráneo na via do tren onde hai uns dias ocurría un accidente. Bértoa manifestou que o concello coñece perfectamente o problema dos veciños que teñen fincas ás que non poden acceder sen cruzar a vía ou camiñar un tramo paralelamente aos raís. Afirma Bertoa que cando chegaron ao goberno local tomaron algunha medida para mellorar o camiño que baixa dende a Avda de Conces.
Tamén, ao chegar ao goberno local hai dous anos, se puxeron en conctacto con Adif para estudar unha solución que dende este organismo  non lles deron solución algunha.

Os propietarios das fincas do lugar de Vista Alegre en Fene reclaman ao Concello o amaño do camiño que baixa da avenida de Conces, fronte á pista polideportiva de Fonte do Campo. Demandan unha maior accesibilidade para as súas parcelas que lindan coa via do tren. Indican que a supresión dun paso a nivel que existia no lugar e a colocación de valados dificultou o acceso ás súas terras e casas, segundo Pilar Pazos, unha das afectadas. 

Os veciños indican que se trata dun camiño público en mal estado de conservación, polo que para acceder ás súas propiedades deben circular pola via do tren. Indican que levan presentado 5 escritos dende o 2009 no Concello de Fene solicitando o amaño do camiño que baixa dende Conces ata a via do tren. Salientan que o mal estado do acceso e o valado do paso a nivel realizado no 2005, dificultan a comunicación coas súas propiedades e fan que teñan que circular pola via do tren coa conseguinte perigosidade. Outro afectado, José García, reclama que restituian o camiño antigo, o camiño Real.

O suceso acaecido o pasado mércores agrava as protestas. Un tren que circulaba polo lugar golpeou a unha señora de 82 anos, Manuela Naveiras, nun brazo causandolle feridas de certa consideración. O 112 calificou o citado suceso como un “accidente ferroviario”. Aconteceu hai uns dias, arredor das nove da noite, na via do tren á altura da pista polideportiva de Fonte do Campo en Fene. A octoxenaria, atopábase nas inmediacións da vía do tren saíndo dunha das casas cando o paso do tren "a moita velocidade" segundo considera a filla da muller, Elena Buyo. Fontes sanitarias confirman o traslado da muller, con feridas de consideración nun brazo, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) non concreta incidencias no tren ese dia.

Sociedade