Reclaman medidas de protección ambiental en Vilar do Colo

Reclaman medidas de protección ambiental en Vilar do Colo

18 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de seis entidades súmanse a Aetna na súa preocupación pola actuación que se está a producir nas inmediacións do parque empresarial de Vilar do Colo entre Fene e Cabanas (A Coruña). Insisten en que se están a depositar nas marxes do rio Baa, grandes cantidades de materiais bituminosos procedentes de Holanda e rexeitados en orixe polo seu poder contaminante.Se non se adoptan medidas urxentes, resultará inevitable a contaminació

Un total de seis entidades súmanse a Aetna na súa preocupación pola actuación que se está a producir nas inmediacións do parque empresarial de Vilar do Colo entre Fene e Cabanas. Insisten en que se están a depositar nas marxes do rio Baa, grandes cantidades de materiais bituminosos procedentes de Holanda e rexeitados en orixe polo seu poder contaminante.As entidades dirixiron un escrito conxunto ao presidente do Parlamento europeo, Augas de Galicia, consellería de Medio Ambiente e Seprona. Reclaman igualmente a actuación dos alcaldes de Fene, Cabanas e Mugardos.

No escrito conxunto sinalan que a maquinaria compactadora que opera no lugar da a entender que se trata dun cemiterio permanente, coa intencionalidade de convertir en feitos consumados a posible ampliación futura do polígono. Denuncian que non se estableceu ningunha medida de protección ambiental nin recalificación urbanística. Se non se toman medidas urxentes, resultará inevitable a contaminación do rio Baa, segundo afirman. O directivo de Aetna César Martinez Yañez denunciou o pasado 9 de setembro que se trata dun depósito de refugallos vituminosos, procedentes de Holanda. Asinan o escrito, ademáis de Aetna, a confraria de pescadores de Barallobre, O Pote de Maniños, a plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar do Colo, ADEGA Ferrolterra, o Circulo Mercantil Unidade de Fene e o CPS Liga de Amigos de Barallobre.

A empresa COP Galicia encárgase do transporte do material dende Holanda ata o porto exterior de Ferrol. Indican que non se trata de residuos, senón que chega da orixe totalmente reciclado, limpo e preparado para o seu uso inmediato. Afirman que cumpre todos os certificados europeos.

Sociedade