Reclaman o mantenemento do control dos bancos marisqueiros

Reclaman o mantenemento do control dos bancos marisqueiros
16 de Xaneiro, 2019 - 01:50 h. | Publicada por Radio Fene

O control dos bancos marisqueiros está en perigo ante a reticencia da Xunta de Galicia de seguir dando as axudas á vixianza e asistencias técnicas, segundo afirma o biólogo da confraría de Barallobre, Joam Luis Ferreiro "Cesio".

 

 

ESCOITA O PODCAST:
Protesta das mariscadoras polos retrasos no abono das axudas da Xunta de Galicia. 2012

Se non revirte a situación o ano 2018 estaría perdido e as confrarias afectadas (Sete en toda Galicia entre as que se atopan a de Ferrol e Barallobre) entrarían nunha dificil situación económica xa que tiveron que adiantar dos seus fondos o pago deses servizos. Dase a circunstancia que os proxectos se presentan xa avanzado o ano (en xullo do 2018) e a resolución chega ao fin de decembro.

De retirarse estas axudas a curto e medio prazo dificultaría a viabilidade do sector. Se se reduce a vixianza, aumentará de xeito exponencial o furtivismo. O abandono do control biolóxico dos bancos marisqueiros provocará unha menor produción e a redución forzosa do número de persoas que na actualidade viven desta actividade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora