Reclaman a retirada do apoio á moción de censura

Reclaman a retirada do apoio á moción de censura
31 de Xaneiro, 2020 - 09:03 h. | Publicada por Radio Fene

Os socialistas de Fene reclaman ás tres concelleiras do PSOE que retiren o apoio á moción de censura presentada polo BNG, “ou que presenten a súa dimisión, devolvendo a representación no pleno do Concello de Fene ao PSdeG-PSOE” Adoptouse ese acordo nunha asemblea da agrupación socialista local celebrada na tarde do xoves co apoio do 92,86% das persoas asistentes. A cita contou coa participación do vicesecretario xeral provincial Bernardo Fernández e co secretario de organización do PSOE da Coruña José Manuel Lage. Ambos manifestaron a súa solidariedade coa posición da asamblea local, que tamén aprobou “a solicitude de expulsión das tres concelleiras do grupo municipal no caso de que  non corrixan a súa actitude”.

Asemblea do PSOE de Fene

Reitera o comunicado asinado polo secretario local José Carlos Romero que a executiva e a asamblea local descoñecen os términos do acordo ao que chegou o BNG coas tres concelleiras socialistas. A nota remítese ao artigo 479 dos Estatutos Federais que regula a obrigatoriedade da consulta á militancia para que os cargos electos socialistas poidan votar a investidura de candidatas ou candidatos de partidos distintos ao PSOE. O comunicado tamén censura ao BNG por emprender “procesos tortuosos, de contidos escuros sen o máis mínimo respecto pola democracia interna das organización políticas progresistas de Fene".
Os edís do BNG (6) EU (1) e tres concelleiras do PSOE presentaron o pasado venres 24 unha moción de censura ao alcalde Gumersindo Galego (PP).  A moción debaterase nun pleno convocado para o venres 7 de febreiro ás 12 da mañá.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora