Reclaman un plan de prevención do ictus

Reclaman un plan de prevención do ictus

23 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Os últimos datos sobre mortalidade publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a finais de xaneiro indican que o ictus segue sendo a segunda causa de morte en España. A primeira no caso das mulleres. Ademais de matar, o ictus provoca discapacidade. É a principal causa do dano cerebral adquirido (DCA), nun 78% dos casos. Estímase que hai unhas 35.000 persoas con dano cerebral en Galicia.

Unha das reclamacións principais do movemento asociativo do dano cerebral é un plan de prevención do ictus. Mentres a administración non o desenvolve, Sarela leva a cabo as súas propias accións de sensibilización e información.

Unha vez ao mes, profesionais, persoas usuarias da asociación –todas con DCA provocado por ictus- e persoas voluntarias acoden a un centro sanitario de Santiago para informar sobre as causas do ictus, a súa detección, e as súas posíbeis consecuencias.

A experiencia de Sarela a través desta campaña de sensibilización indica que o coñecemento social do ictus é moi limitado, polo que a prioridade para a asociación desta actividade informativa aumenta.

Sociedade