Reclaman un protocolo claro de actuación diante da gripe A

Reclaman un protocolo claro de actuación diante da gripe A

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os sindicatos reclaman á Consellaría de Educación que faga público ''canto antes'' un protocolo ''claro'' de actuación para os centros educativos de Galicia en caso de contaxios por gripe A. Tanto a CIG, como UXT, ANPE e STEG manifestaron ''non ter recibido ningunha información'' sobre a campaña de prevención, a pesar de que as clases se retomarán o próximo mes. O profesorado incorporar&aacu

Fontes do departamento que dirixe Jesús Vázquez aseguraron que a Xunta traballa de cara ao comezo do curso nun plan integral para garderías, colexios, institutos e facultades para mitigar o impacto da pandemia, aínda que os detalles do protocolo de intervención non se farán públicos ata a primeira semana de setembro. E é que o próximo día 1 reunirase a Conferencia Sectorial de Educación, na que o ministro Ángel Gabilondo e os responsables autonómicos do ramo ''coordinarán'' as medidas que se porán en marcha.

 

Neste encontro abordarase o calendario de vacinación, as políticas sobre contaxios masivos e infeccións, as medidas de prevención e hixiene, o calendario escolar e o posible peche de colexios.A pesar de que a vacina non estará lista para o inicio da actividade lectiva, as previsións de Educación pasan por inmunizar ''a todos os grupos de risco'', entre os que estarían incluídos máis de 234.000 alumnos menores de 14 anos e uns 33.000 profesores de ensino público e privado, indicaron desde a consellaría. A falta de que se concrete o protocolo, o presidente da Asociación Nacional de Profesores Estatais en Galicia, Xullo Díaz, avanzou que presentarán un escrito dirixido ao departamento autonómico para demandar que se facilite información ao profesorado con carácter inmediato.

Sociedade