Recoñecemento ao esforzo a prol da Costa da Morte

Recoñecemento ao esforzo a prol da Costa da Morte

26 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Federación de Empresarios Costa da Morte (Fecom) celebra esta noite en santa Comba, a tercera edición da Xuntanza Empresarial. Unha cita que reunirá unha importante representación do tecido económico da comarca. No acto entregaranse os galardóns cos que se recoñecen a labor desempeñada por empresarios, entidades e persoas que traballan a prol da Costa da Morte.

Nesta terceira edición son doce os premiados. A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) entregará o seu galardón ao profesor baiés Jorge Mira pola súa difusión do territorio. Pola súa banda, Fecom distinguirá á Asociación Íntegro, pola súa loita contra as diferenzas entre persoas, e á empresa camariñana Cerdeimar.

As asociacións locais recoñecen, pola súa parte, a Forjados El Progreso, Senra Sport, Distribuciones Guimareu, Embalajes Xallas, Auto Reparación Vidal, Galerías Pérez, Imprenta San Cristóbal, Talleres Hermanos Vigo Tajes e Electrificaciones Mariño. Todos recollerán os seus premios ás nove desta noite no Restaurante Casa Aurelio de Santa Comba.

Sociedade