Recordando o noso

Recordando o noso recolle as lembranzas dos nosos maiores sobre os lugares onde viven
09 de Outubro, 2019 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

Medio cento de veciños e veciñas participan nos talleres Recordando o noso. O programa, impulsado pola Concellería de Benestar Social, celébrase en Barallobre, Perlío, Sillobre e Magalofes.

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, inauguraba a semana pasada en Barallobre os obradoiros “Recordando o Noso”. Neles participan en total 54 veciños e veciñas maiores de 55 anos nos diferentes escenarios nos que se celebran:

ACDR Liga de Amigos de Barallobre (os xoves de 18,15 a 19,45 horas) (Na imaxe, as persoas participantes en Barallobre)

CCRD Perlío (os mércores de 16,30 a 18 horas)

AVV San Xurxo de Magalofes (os venres de 19 a 20,30 horas) e

ACDR Agarimo de Sillobre (os martes de 18,30 a 20 horas).

Unha iniciativa posible grazas á colaboración do tecido asociativo, incluída no programa municipal de Envellecemento Activo e, máis concretamente, nas denominadas Tardes Activas, no que participan 103 veciños e veciñas. “Recordando o Noso” céntrase nas lembranzas dos maiores traballando as función cognitivas.

Institucional

Publica o teu comentario agora