Recordo dos asasinados no Campo da Rata

Recordo dos asasinados no Campo da Rata

10 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cemiterio Civil de San Amaro acolleu onte domingo o acto conmemorativo polo 66º aniversario do fusilamento de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez. Como cada ano, o PCG rendíu homenaxe aos dous dirixentes do partido, asasinados no Campo da Rata de A Coruña en 1948, e a todas as persoas represaliadas durante o franquismo. No acto interviron, entre outros, o secretario xeral do Foro pola Memoria, Jesús Redondo Abuín, e a deputada nacional por

En nome do Foro pola Memoria o seu secretario xeral, Jesús Redondo Abuín, poeta e vítima da represión franquista, a duras penas puido conter a emoción. Afirmou que a transición democrática comezara cos guerrilleiros e guerrilleiras que se levantaron contra os liberticidas e que non remataría ata que a democracia recoñecese o papel destes loitadores pola liberdade. “Está moi ben fuxir do rancor, pero cun ollo posto no mañá e outro posto no onte e no antonte – dixo Redondo Abuín -. Mirar cara a diante si e reconciliación tamén, pero non quitándolle o ollo aos que onte ensangrentaron os dereitos humanos e que hoxe aínda campan libremente por esta democracia inacabada.”

Reivindicou o dereito ao reproche porque “a min dóenme as hostias coma se mas desen hoxe, coma se hoxe me voltasen a secuestrar igual que no ano 1967 sen ter sequera unha instrución de causa, coma se hoxe me voltasen a disparar igual que o fixeron no 68 por me opoñer pacificamente a unha estafa salarial perpetrada contra 33 traballadores. Non me dá a gana de non ter reproches contra esta democracia que se obstina en manter sementados en ignotos barrancos a aqueles e aquelas que preferiron morrer ergueitos a vivir coma gando.”

Eva Solla, estreaba o seu novo cargo nun acto público. “Resulta unha enorme responsabilidade, sobor de todo, cando contemplo tras de min secretarios como Gómez Gayoso, que non só deu a súa incondicional militancia, senón tamén deu a súa propia vida”.

Sociedade