Recordos imborrábeis

Un Guillermo Escrigas mozo tamén vía películas no cine Adriano
29 de Xaneiro, 2019 - 01:56 h. | Publicada por Radio Fene

O director do Centro Galega das Artes da Imaxe (CGAI) Guillermo Escrigas, louba á asociación que traballa pola recuperación do cine Adriano. Afirma que eles nos devolven recordos imborrabeis.

ESCOITA O PODCAST:
Actividades no cine Adriano de Barallobre

O director do Centro Galego de Artes da Imaxe Guillermo Escrigas acudía de neno en bicicleta dende Cabanas ao cine Adriano de Barallobre. Alí pasou boa parte dos momentos de diversión da súa mocidade. O Adriano era o mellor cine da comarca, o máis grande e o que fora concebido unicamente para a exhibición cinematográfica. Eran tempos nos que as películas se calificaban moralmente. Algunhas se clasificaban como sumamente perigosas, en palabras de Escrigas. Guillermo Escrigas louba ás persoas interesadas en recuperar e rehabilitar o cine Adriano de Barallobre. Son xentes soñadoras pero que activan recordos imborrabeis en máis dunha xeneración. As salas de exhibición cinematográfica viviron o seu momento dourado entre 1950 e 1970. Despois a televisión chegou ás vivendas particulares, apareceron os videoclubes e a xente seguiu vendo cine pero doutra maneira.

Cultura

Publica o teu comentario agora