A recuperación do pedestrismo

A recuperación do pedestrismo
07 de Febreiro, 2019 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de trescentos atletas participarán este domingo no XXXIII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través que se desenvolverá nas pistas de atletismo do Pazo en Barallobre (Fene). Correrá entreoutros o atleta de 79 anos Antonio Cabana,de Viveiro.

ESCOITA O PODCAST:
Campionato de Galicia Master de Campo a Través. 2019

O concelleiro de Deportes de Fene Xoan Manuel Rodriguez Bastida lembrou esta mañá que este campionato xa se celebrou noutra ocasión en San Valentin. O presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos fixo votos por recuperar a Fene como lugar emblemático para o deporte galego. Lembrou que no Belelle se celebrou en 1985 o Campionato de España de Campo a Través. O delegado en Ferrol da Federación Paulino Cartelle calificou o circuito como excelente,  "xa que permite divisar case toda a marcha da carreira desde un mesmo punto". O circuito permitirá realizar un cross "puro e duro" con lama e con zonas con moito desnivel. Co relanzamento desta proba, Galicia súmase á recuperación do campo a través que está a impulsar a Federación Europea de Atletismo.

Deportes

Publica o teu comentario agora