A recuperar o cine Adriano

"A veciñanza a recuperar espazos" reunirá no Adriano a varios colectivos que teñen obxectivos similares
06 de Maio, 2019 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Cultural Patio de Butacas organiza unha xornada sobre a recuperación de espazos por parte da ciudadanía. Terá lugar o sabado 11 de maio a partir das 16:00h no Cine Adriano, sede da asociación. A xornada estará coordinada por Hilda Cuba, Profesora do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da Escola Técnica Superior de Arquitectura, da Universidade da Coruña.

Baixo o nome de “A veciñanza a recuperar espazos” a xornada tratará de dar a coñecer as diferentes maneiras de encarar a rehabilitación e re-habitación de espacios baleiros e degradados desde un punto de vista de autoxestión e empoderamento cidadán; ademáis de encontrar estratexias comúns entre os 6 proxectos que inicialmente se presentan. Realizaráse durante toda la tarde (desde las 16:00h. hasta las 21:00H.) contando con presentacions e un debate final. Os participantes da xornada serán: Asociación Amigas do Parque do Pasatempo (Betanzos). Meninas de Canido (Ferrol). Asociación de Amigos de Santa Catalina (Ares). Patio de Butacas (Fene). Empty Coruña (A Coruña). Proxecto Cárcere (A Coruña).

Os colectivos que se van a reunir este próximo sábado son de moi diversa índole e os seus proxectos están en distinto estado de consecución (desde moi consolidados como Meninas de Canido a outros que non levan tanto tempo ou non correron a mesma sorte como Proxecto Cárcere). Hai proxectos de autogestión como Patio de Butacas ou O Parque do Pasatempo, a xestión mixta como o do Mosteiro de Santa Catalina, moitos tentan pór un toque de atención sobre estes espazos para que as institucións "movan peza".

Estes colectivos nunca se reuniron no mesmo espazo. Será a primeira vez que todos estean a propor solucións, analizando os erros e acertos; e sobre todo deixando ver que a cidadanía ten moito máis que dicir que o que realmente lle deixan. A organización realizou un blog http://vecinanzarecuperarespazos.wordpress.com no que se pode atopar a información sobre a xornada e os participantes. A xornada vaise gravar en vídeo para poder aproveitar o contido do traballo da tarde do día 11. A Asocición Patio de butacas é moi optimista ante a chegada do sábado e ver o que pode saír de aí. Simplemente reunirse e compartir experiencias pode ser xa un paso moi importante.

Cultura

Publica o teu comentario agora