Recuperar os nosos mitos

O lobishome de Moeche continúa na memoria dos máis vellos.
12 de Setembro, 2019 - 09:04 h. | Publicada por Radio Fene

Carlos Sardiña e  José Luis Casteleiro presentan na Fundaçon Artabria de Ferrol o libro "Mitos e lendas da Galicia máxica"

ESCOITA O PODCAST:

A mitoloxía galega bebe de moitas fontes e é herdeira de diferentes tradicións, entre elas da mitoloxía clásica, nórdica e bretoa. Tamén recolle trazos dos antigos contos populares europeos e do bestiario medieval, polo que moitos dos relatos que compoñen o seu extenso imaxinario teñen os seus equivalentes noutras culturas. Estes mitos foron obxecto de especial interese para os grandes clásicos da literatura galega; mais, hoxe en día, encóntranse practicamente esquecidos e resultan descoñecidos para boa parte da cidadanía.

Os debuxos de Carlos Sardiña e os textos de José Luis Casteleiro constituen o libro Mitos e lendas da Galicia máxica. Os autores atoparon por exemplo en Moeche o mito do home lobo. Acudiron á Galicia rural onde eses mitos estaban máis arraigados.

Cultura

Publica o teu comentario agora