Redondela terá unha estación de tren de alta velocidade.

Redondela terá unha estación de tren de alta velocidade.

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Ministerio de Fomento, a través do director xeneral de Infraestructuras Ferroviarias, Luis Santiago, comunicou esta decisión ao alcalde, Xaime Rei, quen afirmou que esta estación do eixo Atlántico suporá “unha revolución das comunicacións”. Rei engadiu que esta infraestructura permitirá aos veciños da vila e comarca “chegar a Vigo en 5 minutos, en media hora estar en Santiago ou desprazarse á Coruña en 50

Unha decisión que segundo o rexedor local afecta a 80.000 persoas, xa que esta estación está pensada para un área moito mais ampla que o propio concello e que iría dende Mos ata Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos ou Ponteareas.

A nova estación ubicaráse na zona dos Eidos, lugar no que nun principio estaba previsto construir un apeadeiro. Estará dotada de diferentes servizos, contará con billeteira e tamén cun aparcadoiro con 70 prazas.

Aínda que non hai prazos, Rei confía en que esta estación sexa unha realidade no ano 2013. A súa construcción suporá a eliminación dos apeadeiros existente en Chapela, Cesantes e A Picota, mentres que a estación actual transformarase en taller.

O Eixo Atlántico por tren e a autovía por Peinador, a polémica alternativa 5, suporá para o alcalde “un antes e un despois nas comunicacións da comarca”. Unhas infraestructuras que permitirán “desconxestionar o tráfico na AP-9, o que evitaría ter que ampliar a autoestrada con máis carrís, e diminuirá o tráfico nas estradas nacionais”

 

Altercados no pleno

 

Xaime  Rei aproveitou tamén para cargar contra os que o mércores interrompiron a sesión plenaria. Tachou a eses veciños de “antidemocráticos” e reiterou unha vez máis o seu respaldo sen paliativos á conexión da A-57 entre Vilaboa e o aeroporto de Peinador.

Aventurou incluso que os últimos movementos feitos por Fomento están encamiñados a retardar a A-57 co que se abre unha porta a que se elimine esta autovía “non así a conexión con Peinador que ten o respaldo de todos”.

Sociedade