Reedición da campaña “En galego, con moito gusto”

Reedición da campaña “En galego, con moito gusto”

30 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol convoca unha segunda edición do concurso As receitas dos mercados municipais. unha iniciativa incluída na campaña En galego, con moito gusto posta en marcha polo goberno local para fomentar a presenza social do noso idioma nos mercados municipais de A Magdalena, Caranza e Recimil. Segundo o concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, o prazo para presentar as receitas abrirase o vindeiro 15

Os interesados poderán entregar durante este período as súas propostas de receitas nas urnas que disporá o Concello nestes mercados. Expertos cociñeiros e nutricionistas formarán parte do xurado que elixirá aos gañadores. Ademais editarase unha publicación coas receitas seleccionadas e o autor/a da mellor receita recibirá un agasallo, aínda por definir. 

No marco desta campaña de promoción da lingua galega nos mercados, celebrarase un curso de lingua e atención ao público para os vendedores e vendedoras de A Magdalena, Recimil e Caranza. A súa finalidade é dotalos de autonomía lingüística, tanto escrita como oral, no desenvolvemento do seu traballo e trato coa clientela. 

A campaña En Galego, con moito gusto, desenvólvese nunha primeira fase ata o 5 de xaneiro con accións de información e promoción dos mercados e a entrega de agasallos aos clientes.

Cultura