A reestruturación do Campionato Galego de tenis cambia os rivais ao C.T. Vilalbés

A reestruturación do Campionato Galego de tenis cambia os rivais ao C.T. Vilalbés

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Club de Tenis Vilalbés terá novos competidores. A reestruturación dos grupos do Campionato Galego por Equipos enfrontará aos chairegos con representantes de Chantada, Santiago, Vigo ou Culleredo.

Así, o C.T. Vilalbés A, encadrado na Terceira División, disputará o seu primeiro partido o 8 de marzo contra o Squash Santiago na capital de Galicia. O 15 de marzo recibirá ao Club Tenis Chantada e acudirá a Vigo para disputarlle a vitoria ao Ureca de Vigo B.

O segundo equipo, o C.T. Vilalbés B, da sexta división, acudirá a Culleredo para xogar contra a A.D. Culleredo o domingo 8 de marzo. Sete días máis tarde loitará en Vilalba por vencer á Universidade de Santiago B, e o 22 tocaralle enfrontarse ao Club de Tenis Codesal.

Do balance destes partidos dependerá a disputa das fases de ascenso e descenso, que se xogarán a partir de abril, para o equipo A e o seu filial.

Deportes