Rei suspende o pleno polas interrupcións dos afectados pola autovía

Rei suspende o pleno polas interrupcións dos afectados pola autovía

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Señor alcalde e Concelleiros”. Así comezaban todas as intervencións que se foron producindo por parte do público asistente ao pleno de onte e que provocaron finalmente que o alcalde, Xaime Rei, suspendese a sesión poucos minutos despois do seu inicio.Unha sesión ordinaria carente de contido pero que xa se prevía difícil, logo de que a Plataforma Cidadá contra a autovía convocara aos veciños a manifestarse na praz

Sen embargo, a Plataforma sorprendeu á corporación municipal cunha “performance” inesperada. Pouco despois de iniciarse a sesión un dos asistentes na sala levantouse e comezou a ler un manifesto no que pedía desculpas por interrumpir pero aclaraba que “non lle deixaban outra opción logo de ter solicitado reunións en varias ocasións”. Ahí acabou a intervención xa que a policía, por orde do alcalde, procedeu a desaloxar a este veciño. Non pasaran nin un minuto cando outro veciño se levantou coa mesma actitude. O rexedor local optou por suspender o pleno durante cinco minutos advertindo de que “se o público continuaba coa mesma dinámica optaría por desaloxar a sala”.

Logo do parón reanudouse a sesión coa lectura, por parte da voceira do PP, Francisca Canal dunha moción na que os populares solicitaban do resto de concelleiros o “rexeitamento unánime da alternativa 5 elixida polo Ministerio baseándose entre outras razóns nos importantes impactos sociais e ambientais que causaría”. Tamén se reclamaba na moción que se modificase esta elección en favor da alternativa 11. Sen embargo a moción non chegou a debatirse xa que unha nova interrupción por parte do público levou ao alcalde a suspender o “pleno definitivamente”.

Unha vez rematado o pleno a protesta continuou na rúa. O alcalde e outros membros do PSOE decidiron achegarse a unha terraza da praza da Constitución e durante máis de media hora estiveron rodeados polos manifestantes que os seguiron “armados” de pitos, potas e berros.

Ao termino da sesión a voceira do PP criticou que o alcalde non leve ao pleno temas de relevancia como a autovía ou o PXOM”. Desculpou ademais a actitude dos manifestantes e instou ao alcalde a pórse na pel dos veciños que van perder as súas vivendas

Festa de Interese nacional

Malia a breve duración do pleno, os concelleiro si tiveron tempo para aprobar, de xeito unánime, solicitar ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a declaración de festa de interese nacional para as celebracións do Corpus Christi de Redondela. Dende a concellería de cultura, o seu responsable insiste en que as festas da Coca contan con todos os requisitos para optar a esta distinción, sobre todo pola súa tradición histórica que se remonta alomenos ao século XVI e pro contar con elementos únicos como son a triloxía da Coca e a danza das espadas e as penlas.

Institucional