Rei Varela, único candidato á presidencia do PP Ferrol

Rei Varela, único candidato á presidencia do PP Ferrol

10 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular de Ferrol celebrará este sábado, a partir do cinco da tarde, o seu oitavo congreso baixo a lema “Ferrol Quere”. Un acto que se celebrará no Hotel Almirante e do que sairá o nome do próximo presidente dos populares ferroláns. Cargo que  ocupará con toda probabilidade Jose Manuel Rei Varela, actual presidente e alcalde electo da cidade e único candidato. Máis de 700 afiliados poderán exercer o seu de

Ás 17:30 horas está previsto o comezo do 8º Congreso do PP de Ferrol coa benvida aos asistentes e a constitución da mesa. Dúas comunicacións sobre políticas de benestar a primeira, e economía, emprego e política industrial, a segunda, precederán á elección do novo presidente do PP de Ferrol. Para iso, os afiliados da formación popular na cidade disporán de case unha hora para exercer o seu dereito ao voto, desde as  18:15 horas até as 19 h. O novo presidente do PP na cidade coñecerase ao fío do sete e media da tarde, que será tamén cando de comezo o acto de clausura, no que intervirán Alberto Núñez Feijoo e Carlos Negreira.

Rei Varela lograba quintuplicar o número mínimo de avais esixidos para poder optar a presidir ao PP de Ferrol, ao conseguir máis de 300 avais. En canto ao equipo que acompañará a Rei Varela nesta nova etapa coñecerase tamén momentos antes da celebración do cónclave, deberá de estar formada, polo menos, por un presidente, un secretario, un vicesecretario e 22 vogais.

Sociedade