Reinicia: emprego e formación

Reinicia: emprego e formación
10 de Novembro, 2023 - 03:55 h. | Publicada por Radio Fene

Vinte persoas desempregadas residentes en Fene, Mugardos e Ares poderán participar na nova edición do obradoiro dual de emprego Reinicia X. Xa se fixeron públicas as bases da convocatoria deste programa mixto de emprego e formación. 

O Concello de Fene terá once prazas, cinco Ares e catro Mugardos. As especialidades que se ofrecen son dúas.  Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que se impartirá no Centro de Formación Francisco Vizoso, en Franza, Mugardos e Traballos de Carpintería e Moble e Aplicación de Vernices e lacas en elementos de carpintería e moble, que se impartirá no Centro de formación do Concello de Fene en Magalofes. 

O alumnado traballador será contratado por un período de 12 meses a xornada completa (40 horas), baixo a modalidade de contrato para a formación e alternancia. O horario de formación e prácticas será de mañá (8 horas, de luns a venres) nos seguintes centros de traballo/formación: Nave do Concello de Fene en San Marcos e Centro de formación Francisco Vizoso do Concello de Mugardos.

Máis información: Area de Formación e Emprego "Pancho Allegue". Tfno:981492767 ext 2249/ 669829328

 

Institucional

Publica o teu comentario agora