Reivindicacións feministas

Reivindicacións feministas
15 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Soñan os ninguén da Guerra de España que algún día reciban o recoñecemento que merecen… A tormenta do esquecemento séguelles empapando”. Deles fala Francisco Leira no seu novo libro editado por Akal.

ESCOITA O PODCAST:

Los Nadies de la Guerra de España é o titulo da obra na que o historiador coruñés narra diferentes historias que teñen a guerra como fío condutor. Tamén se fala das reivindicacións de moitas mulleres como Amada García. “A esquerda non recolle este tipo de reivindicacións feministas ata mediados dos cincuenta pero xa dende os anos trinta houbo moitas mulleres que participaron dentro da sociedade civil como é o caso de Amada García”, explica Francisco Leira no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora