Reivindican o camiño inglés a Santiago de Compostela

Reivindican o camiño inglés a Santiago de Compostela

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

En representación do Concello de Ordes, o edil Jesús Pedreira, participaba hoxe na Peregrinación Institucional polo Camiño Inglés por relevos para reivindicar esta ruta, que organiza o Consorcio do Camiño Inglés na que están participando 16 concellos, entre eles Ordes.

Esta peregrinación daba comenzo o pasado luns en Ferrol, e hoxe chegaba a Ordes collendo o relevo do Concello de Mesía. Así o concelleiro Jesús Pedreira, tomou dito relevo en representación do Concello e percorreu cos peregrinos participantes o tramo dende a parroquia de Buscás ata Sigüeiro, onde tomará o relevo o Concello de Oroso.

Para mañá venres está prevista a chegada de todos os participantes á Praza do Obradoiro onde todas as Corporacións, veciños e veciñas participantes serán recibidas polo alcalde de Santiago antes de asistir á misa na Catedral. Está previsto que Jesús Pedreira acuda tamén a este acto en representación do Concello de Ordes.

Sociedade