Reivindicando ensino en galego

Reivindicando ensino en galego
21 de Novembro, 2018 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

Criar Sementes é unha forma de reivindicar un ensino público en galego. “A realidade é que se queremos criar ás crianzas en galego e se as levamos á pública, perdémolo” afirma Lidia Pena de Semente Trasancos. Semente é un proxecto educativo en galego. Impulsan centros nos que se garante que nenos e nenas medran co idioma galego como lingua vehicular. Agora solicitan axuda para ampliar a iniciativa á Educación Primaria

ESCOITA O PODCAST:
Lidia Pena, de Semente Trasancos

Semente Trasancos leva tres anos cunha escola infantil en San Mateo en Narón, onde participan vinte nenos e nenas galego-falantes. Agora van polo Primario e queren adquirir un inmoble no Roxal en Neda. Utilizan o micromecenazgo e queren comezar coa  Educación Primaria en setembro de 2019. A entidade quere adquirir un inmoble no Roxal en Neda para continuar o ensino en galego. Trátase dunha  casa cun terreo de 5.000 metros cadrados. O primeiro chanzo é alcanzar os 35.000 euros. Esa cifra representa o 20% do total do valor do edificio. As persoas que desexen apoiar a iniciativa poden facelo a través da páxina web goteo.org. O proxecto de Semente Trasancos chámase “Vamos polo primario”. Xa teñen máis do cincuenta por cento. Máis información da iniciativa, en https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario

Cultura

Publica o teu comentario agora