Relación íntima e duradeira

Relación íntima e duradeira
19 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

“A relación  entre Carvalho Calero e Paco del Riego foi íntima e moi duradeira” afirma o profesor Martinho Montero Santalha. “Comezou sendo ambos estudantes en Santiago en 1931,seguíu no Seminario de Estudos Galegos, no Partido Galeguista e continuou durante toda a vida”. 

ESCOITA O PODCAST:
Martinho Montero Santalha

“Mesmo despois da guerra,cando o catedrático ferrolán quedou  no cárcere en Jaen, retomouse a relación epistolar. Conservamos unhas seiscientas cartas entre eles, un número moi elevado e moi significativo”. Del Riego tomou a iniciativa de escribirlle cando estaba preso. Carvalho toma a denominación Rexurdimento de Italia, onde distinguen Rissorgimento (século XIX) de Rinascimento (século XV e XVI). Pero el ten dito, que tal vez, habería que falar de literatura galega contemporánea desde o século XVIII aludindo a Sarmiento e ao cura de Fruime.  O estudoso escribiu a man a súa monumental Historia da Literatura Galega Contemporánea e pasáballe os escritos a máquina Del Riego. A amizade ex-tendeuse ás respectivas familias. O autor de “A gente da barreira”  pronunciou o discurso de benvida a Don Paco na Real Academia Galega un texto, que é un canto á amizade. “Poucas persoalidade haberá na cultura galega que merezan tanto a adicatoria do Dia das Letras Galegas” indica Martinho Montero.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora