Relixión computa para a media académica no IES Concepción Arenal de Ferrol

Relixión computa para a media académica no IES Concepción Arenal de Ferrol

06 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Instituto Público Concepción Arenal de Ferrol sopesa que as cualificacións na materia de Relixión contribúan ao cálculo da nota media dos alumnos e alumnas que optan á matrícula de honra no seu expediente académico. Denúnciao o sindicato CIG-Ensino que, a través dun comunicado, afirma ter constancia dese feito. Explica que algúns alumnos que pola súas notas noutras materias non optar

De confirmarse esta situación, alerta a CIG, estaríase a vulnerar o decreto que ordena o currículo do bacharelato en Galicia dende 2008 que elimina do cómputo da nota media a relixión “coa finalidade de garantir o principio de igualdade e libre concorrencia”. O sindicato xa remitiu un escrito ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para que “urxentemente dea instrucións no sentido de evitar que a materia de relixión condicione favorablemente a obtención da matrícula de honra, marxinando o alumnado que opta por non cursar relixión, xa que a Alternativa á Relixión non se cualifica”.

Sociedade