A relixiosidade e a arte comparten espazo na presentación do nº 12 da colección Biblioteca Chairega do IESCHA

A relixiosidade e a arte comparten espazo na presentación do nº 12 da colección Biblioteca Chairega do IESCHA

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba (IESCHA) presentará, o vindeiro día 8 de agosto a partir das 19,45 do serán, na parroquia de San Simón da Costa, o libro Capelas e ermidas da Costa. A relixiosidade barroca en San Simón. O acto contará coa presenza dos seus autores: Sabela Figueira Tenreiro, José-Luis Novo Cazón e Carme Pernas Bermúdez.

O evento constará de dúas partes. A académica desenvolverse no interior da igrexa parroquial, correndo ao cargo dos propios autores; de Cosme Insua, cura de San Simón; de Félix Villares Mouteira, delegado diocesano do patrimonio; e de Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA. E deseguido a festiva, consistente nun refrixerio patrocinado por empresarios oriúndos de San Simón da Costa, que terá lugar na escola habaneira, que se atopa nas inmediacións da propia igrexa.

 

 

O libro que fai o número 12 da colección Biblioteca Chairega é un estudo das formas da relixiosidade barroca a través da historia das nove capelanías, fundadas en Costa entre os anos 1629 e 1760, e que logo do sínodo do bispo Caja de la Jara, se estendeu por toda o a diocese de Mondoñedo e tamén polas abas da serra da Carba.

 

O IESCHA agasallará aos asistentes ao acto, a un por cada casa, cun exemplar desta obra, na que se reflicte unha parte moi significativa da orde social e do imaxinario das xentes que viviron en San Simón da Costa no transcurso da Modernidade.

Cultura