Remata a Festa de Boi con éxito de visitantes

Remata a Festa de Boi con éxito de visitantes

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A organización da Festa do Boi fai un balance positivo da edición deste 2010. Os festexos transcorreron sen incidentes, a recadación foi satisfactoria e a afluencia de xente continuada, mesmo moi masiva en xornadas como a deste sábado. Ademais, aos visitantes galegos e estatais sumáronse outros chegados desde Reino Unido, Alemaña

Francisco Feijóo, presidente da Asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi, agradeceu aos veciños de Allariz a súa paciencia durante os festexos e ao Concello o seu labor en canto á limpeza das rúas.

Sociedade