As remeiras de Chapela, as novas campionas galegas de Traiñeiras

As remeiras de Chapela, as novas campionas galegas de Traiñeiras

25 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Novo título para as remeiras de Chapela que se converteron este fin de semana nas campionas de Galicia de Traiñeiras tras acadar a primeira posición. Despois da boa temporada que están facendo as remeiras do clube redondelán, todo facía esperar que tamén se impuxeran nas finais do campionato Galego de Traiñeiras, que se disputou onte en Vilagarcía de Arousa, nas augas de Cabo de Cruz.

Na categoría feminina as redondeláns foron as encargadas de marcar o ritmo e desde os primeiros minutos conseguindo avantaxar as súas rivais con diferenza. A embarcación do Chapela entrarían na liña de meta dez segundos por diante de Cabo de Cruz, que sería o segundo clasificado e once sobre o Sambertolomeu, que ocupou o terceiro lugar. A cuarta e quinta posición para a categoría feminina, correspondeulle ás remeiras do clube de Bueu e Mecos. Nas outras dúas categorías, na xuvenil masculina e na absoluta, Redondela non tiña representación, despois de que os remeiros de Chapela, de ambas categorías, quedaran descualificados a pasada semana na fase final deste campionato ao ocupar o quinto lugar. En xuvenil foron os remeiros de Cabo de Cruz os que conseguiron o título. Na segunda posición atopamos ao Vilaxóan e na terceira ao Mecos. Na categoría absoluta masculina serían os remeiros dos Remedios os gañadores do campionato de Galicia, seguidos do Cabo de Cruz e o Samertolomeu.

Deportes