Remodelado o parque da Hortiña

Remodelado o parque da Hortiña
22 de Agosto, 2019 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene rematou as obras de reforma integral do parque A Hortiña, na parroquia de Limodre. Contemplou actuacións de mellora na zona de xogos, na de barbacoa e picnic,e no palco. No recinto instalouse un portal de acceso, do que carecía ata a data, e acondicionouse o aparcadoiro, delimitando plazas para persoas con diversidade funcional.

Parque da Hortiña. Limodre. Fene

Ademais, no interior, as obras realizadas contemplaron o pintado da barandilla de forxa e a renovación completa dos elementos de xogo, ampliando a zona e colocando un chan de caucho. Así, entre os novos elementos dotouse o espazo dun bambán, escorregadoiro, molle e randeeira. Na zona de barbacoa instaláronse catro novas mesas de madeira de picnic con bancos incorporados, papeleiras, unha fonte e revisouse a instalación eléctrica e o alumbrado públicio. A intervención  contou cun orzamento de 47.882,27 euros segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora