A remontada

O Galicia de Caranza - Cultural Maniños da ida acabou cun 3-1
31 de Maio, 2019 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino necesita remontar para facerse coa Copa da Ría. O domingo xoga no Pote a volta de semifinais.

ESCOITA O PODCAST:

Recuperadas do agotamento que supuxo a final da copa provincial hai unha semana, o Maniños Feminino xa pensa na actuación deste domingo no campo do Pote, na volta de semifinais de Copa. Un encontro trascendental contra as campioas da liga, o Galicia de Caranza, posto ás 12,30h e arbitrado por María Sheila Rodríguez González (Comité de Ferrol). Hoxe será o ensaio final e o técnico Carlos Gómez non descarta a necesaria remontada. No partido de ida gañaron as ferrolás por 3-1.

Do outro lado estárán o Capela- Rosalía dirimindo quen será o outro equipo que pase á final. Este xogarase no campo dos Calzados ás 12, arbitrado por Raquel Anidos Santos.

Deportes

Publica o teu comentario agora