Remontada

Perlío 5- Numancia 3
16 de Decembro, 2019 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío remontou na segunda parte dun encontro que se lle puxera moi difícil. Desconectou por un tempo pero o equipo refíxose e logrou unha victoria moi importante.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío 5- Numancia 3. O Perlío foi quen de darlle a volta a un partido que se puxera en contra, cun 1-3 xusto despois do descanso. O Perlío adiantouse cun gol de Raul, anuláronlle un tanto por fora de xogo e desde aí métese o Numancia no encontro e faise co partido. Empata a uns e o equipo do Perlío desconecta totalmente, en palabras de Chechu Piñeiro, “cada un vai pola sua conta”.

Ao remate da primeira parte o Numancia ponse 1-2 a conta dun penalti. Xa ao inicio da segunda parte, chega o terceiro do Numancia e o Perlío cambia o chip. “Da un arreón grande” en palabras do técnico, con tres defensas, e van a polo partido. Enseguida Isma pon o 2-3, expulsan a un dianteiro do equipo aresán e Isma empata o encontro. Dani Varela mete o cuarto e el mesmo fai que entre o quinto gol entre os tres paus. Nesas producirase a segunda expulsión doutro xogador numantino.  A victoria soupo ben pero Chechu Piñeiro acabou preocupado pola desconexión que tivo o equipo na primeira parte. Menos mal que chegou o arreón do conxunto.

A próxima xornada toca Meirás – Perlío. A idea é seguir enganchados arriba antes do parón navideño. Semella que o campo do Misael Prieto está en moi malas condicións. A ver como sigue o tempo, porque cabe a posibilidade de ter que xogar noutro sitio.

Deportes

Publica o teu comentario agora