Renóvase a savia musical galega con Folkfusión

Renóvase a savia musical galega con Folkfusión

23 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

BellónMaceiras Quinteto vén de presentar na Coruña o seu último traballo Folkfusión. Un disco que nos ofrece unha fusión entre o novo folk e as músicas do mundo, onde a improvisación desenvolve un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, a guitarra, a batería e o saxofón ofrecen unha viaxe musical no que diversos estilos e ritmos de amalgama se complementan cunha amplia variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a aportación musical de cada compoñente é o que define o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, s de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto pola mestizaxe nace o que eles mesmo definen como “espicho”, a introducción de partes dunha melodía coñecida dentro doutro tema.

No disco, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, vals francés…  

Este serán, ás sete e media, BM5 presentan este último traballo na Galería Sargadelos de Ferrol. A xira de BellónMaceiras Quinteto con Folkfusión é a seguinte: 

Sábado 3 de xullo, Melide, Concerto de Verán

Mércores 14 de xullo Dodro, Festival Folk
 
Domingo 25 de xullo, Santiago de Compostela-FESTIGAL

Xoves 5 de agosto, Cervo

Venres 6 de agosto, Quiroga

Sábado 7 de agosto, Guitiriz, Festival de Pardiñas
 
Domingo 8 de agosto, Festival Rois

Venres 20 de agosto, Bandeira, Festival Esmorga Folk
 
Setembro, A Coruña, gala Cantigas da terra no Rosalía de Castro- TBC

Venres 19 de novembro, Porriño, Bar Liceum 

Luns 3 de xaneiro do 2011, Moscú (en dúo)

Sociedade