Renaceré en Buenos Aires en otra tarde de junio,...

Renaceré en Buenos Aires en otra tarde de junio,...
25 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Guillermo Fernandez e César Angeleri son dous virtuosos do tango. Finalizarán en Fene unha xira que realizan por países como Inglaterra, Italia e Francia. Fernández e Angeleri actuarán no local social de Limodre o sábado 2 de setembro ás 10,30 da noite. Hai só oitenta prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Para apuntarse no teléfono 665117152. “Renaceré en Buenos Aires en otra tarde de junio,  con estas ganas tremendas de querer y de vivir, renaceré fatalmente, será el año tres mil uno ,  y habra un domingo de otoño por la plaza San Martín”.

Guillermo Fernandez protagonizou as películas, La Canción de Buenos Aires, Me robaron el papel picado e Punto Ciego. César Angeleri, compositor e produtor musical dirixe a cátedra de guitarra do Instituto Nacional Manuel de Falla.
Guillermo é unha figura fundamental do tango nas últimas décadas en Arxentina. Busca as raices do tango con sons de hoxe. Guillermo Fernández e César Angeleri, o sábado dous de setembro actuarán en Limodre. Xa o ano pasado Guillermo Fernandez visitou o local social desta parroquia de Fene encandilando ao público asistente.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora