Repensar as nosas casas

Repensar as nosas casas
08 de Maio, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

A crise do Covid19 fáinos reflexionar sobre as casas que habitamos. Son válidas en caso de confinamento? A normativa actual de habitabilidade non obriga sequera a ter un balcón? Falamos disto co arquitecto Carlos Ardá.

ESCOITA O PODCAST:

A crise do Covid19 fíxonos reflexionar sobre moitas cousas, unha delas é a vivenda que habitamos, porque o confinamento fáinos ver con claridade as carencias que ten a casa e as novas necesidades dos seus moradores. Reflexionamos sobre isto e sobre urbanismo co arquitecto fenés, Carlos Ardá.

Dí Carlos que é lóxico que en pleno confinamento a xente se prantexe as vantaxes de ter unha casa fronte a ter un piso porque o encerro obrigado fáinos valorar o espazo exterior. Acláranos que cando un arquitecto planea unha casa, ten en conta todas as necesidades de quen vai habitala, sería como unha especie de menú á carta. O menú do día sería, seguindo co mesmo símil, o edificio de pisos, todos iguais, independientemente do tipo de familia que os habite, como moito a diferencia establécese no número de cuartos e no número de metros cadrados.

Ardá explícanos que a actual normativa galega de habitabilidade (con data de 2010) non contempla a obriga de contar con espados abertos ao exterior como pode ser un simple balcón. Esta experiencia da alarma sanitaria ténnos que facer reflexionar sobre a necesidade de cambiar esa normativa e quizás contemplar a execución dunha terraza e posibilitar así que os edificios construídos dispoñan dun espazo exterior. A propósito da súa experiencia persoal co teletraballo, Ardá prantéxanos outro interrogante, non sería necesario modificar os criterios á hora de deseñar as nosas casas?. Ata agora falamos de dous, tres, catro cuartos, pensando nos dormitorios, todo xiraba entorno a iso. Tras esta experiencia, haberá que contemplar un espazo privado para traballar desde casa, ou un espazo privado para facer exercicio.

O mesmo que ocorre coas novas vivendas, ocorre coas nosas vilas e cidades. Vemos a necesidade de repensar o urbanismo, peatonalizar, crear máis espazos verdes e de recreo… comenta Carlos Ardá quen pon  un exemplo; antes, á hora de abordar o urbanismo, limitabamos as alturas dos edificios. Quizás agora podemos reprantexalo e facelos máis altos para dispor de máis espazo a ras de solo, engade. Os concellos teñen capacidade para reflexionar sobre todo isto e aplicar novas solucións nos PXOMs.

(Na imaxe, un balcón que serve para socializar o confinamento)

Sociedade

Publica o teu comentario agora