Representación de “Ladrón morto cando intentaba fuxir” do grupo Teruca Bouza

Representación de “Ladrón morto cando intentaba fuxir” do grupo Teruca Bouza

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A agrupación Teruca Bouza, da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo (Mugardos), actuará este domingo, ás 19.00 horas no Centro Cívico de Caranza no marco do XI Ciclo de Teatro Afeccionado Domingos a Escena, organizado polo Concello de Ferrol. Porán en escea a obra “Ladrón morto cando intentaba fuxir”, unha traxicomedia dirixida por Carlos Basoa. A entrada para asistir á función será libre e de bal

Dunha hora de duración, a peza fala da existencia, máis cedo ou máis tarde, na vida de todos nós dese estrano pasaxeiro que xorde da escuridade da nosa conciencia e nos interroga e preocupa, e ao que acabamos por expulsar para evitar molestos remordementos que nos arruínen as fins de semana.

Cultura