Requeixo baixo en graxa

Requeixo baixo en graxa
15 de Marzo, 2019 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia ten hoxendia unha ampla gama de queixos. Frescos para os meses de inverno. Os de verán para as merendas e tamén para o final das comidas. Unha taboa variada e complexa, na que se completan diversos e perfectos sabores. E ademais do queixo, o requeixo, un dos grandes postres do pais galego. De todo iso haberá este domingo na Cuarta Feira do Queixo de Moeche. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Ana Isabel Vence, de Campo Capela http://173.255.131.18/audio/150319VENCE.mp3

Ana Vence, da cooperativa Campo Capela

O queixo O Mouro de Campo Capela recibiu unha medalla de ouro no concurso World Cheese Awards 2018 ao que se presentaron case 3.500 variedades. Ë o quinto premio que recibe desde que se produce hai case catro anos. É un queixo semicurado con infusión de café e canela. Elaborado con leite crú e con todas as garantías sanitarias pero conservando tamén o sabor máis puro.

O requeixo é o segundo produto que aparece no catálogo da cooperativa, pero tamén venden queixo fresco, tenro, de inverno, tetilla, con chourizo celta, con herbas aromáticas, manteiga, licor de requeixo e mermeladas artesás. “O requeixo ten menos graxa que o queixo fresco de Burgos” asegura a responsable comercial da cooperativa Campo Capela Ana Vence.

 

A cooperativa Campo Capela cumpre 50 anos neste 2019 e no verán celebraranno de xeito especial. Situada na contorna do Parque Natural das Fragas do Eume, recolle leite de vacas alimentadas cada dia con herba verde, que pastan e pasean polos prados e voltan á corte para descansar.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora