Requiario, rei dos suevos (448-456)

Requiario, rei dos suevos (448-456)
01 de Abril, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

O breve reinado do terceiro monarca suevo reviste unha gran relevancia cun notable avance institucional e social, ainda que o remate fose catastrófico. Un concilio en Caldas de Reis (Aquas Calidas) prepara a conversión dos suevos ao catolicismo en 449, convertindose no primeiro dos pobos xermánicos en facelo. A conversión decidida por Requiario implica o final da segregación institucional entre suevos e galaico-romanos, que a partir dese momento se funden nunha únic

A excepcional emisión de moeda por Requiario, coa efixie do emperador Honorio ainda no anverso, pero co mandato do seu propio nome no reverso proporciona un dato inequívoco da temperá institucionalización do reino, único en Europa que acada tal situación nesa altura, o cal evidencia a total independencia, non só de feito, senón tamén de dereito, do Reino de Galicia, máis de vinte anos antes da extinción do Imperio Romano de Occidente.

 

Pero os visigodos, con Teodorico á fronte, derrotan ao exército suevo á beira do rio Órbigo (456) e penetran ata Braga. Apresado Requiario, é conducido ata Sevilla e executado. Teodorico houbo de regresar precipitadamente á Galicia e no camiño de retorno asalta e destrue violentamente Astorga, Palencia e Clunia, lugares onde se mantiveran continxentes suevos. O reino dos suevos sobrevive pero en precariedade e convertido ao arianismo. Remismundo reunifica o territorio (464) e logra estabilidade política e vitalidade cultural.

 

LOPEZ CARREIRA, ANSELMO (2013) Historia de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.

 

Sociedade