Residencia de Caranza. “Isto parece un hospital de campaña”

Residencia de Caranza. “Isto parece un hospital de campaña”

13 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha manifestación en Santiago de Compostela reúne mañá día 14 aos traballadores e traballadoras das residencias de maiores da Xunta, de toda Galicia. Os da residencia de Caranza levan movilizandose dende que no 2012 a Xunta eliminou unilateralmente, e sen consulta algunha, o artigo 19 do convenio. As consecuencias son que estes traballadores poden traballar ata sete días seguidos sen descanso; tamén traballan ata tres noites seguidas e a libranza reduc

A maiores deste problema laboral, a Residencia de Maiores ferrolá atravesa un momento delicado pola interrupción das obras que comezaron no mes de setembro. O traslado contínuo dos residentes, dunha pranta a outra, dificulta o traballo. Agor ahai que volver a licitar as obras e aquilo semella un hospitald e campaña, segundo Juan Carlos Rodriguez. Engade que Ferrol só conta con 45 prazas asistidas fronte ás 220 que ten por exemplo a residencia de Oleiros.

Sociedade