Respiro de vida

Respiro de vida
11 de Febreiro, 2020 - 12:43 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación onco-hematolóxica Por + vida vólcase cos nenos e nenas que padecen cancro e as súas familias. Organiza unha cea benéfica para apoiar o proxecto "respiro de vida"

ESCOITA O PODCAST:

A asociación Por+ vida fai gala unha vez máis da súa vocación solidaria, neste caso a favor do proxecto “Respiro de vida” orientado aos nenos e nenas enfermos de cancro e as súas familias. Con ese fín organizan unha cea-baile solidaria prevista para o sabado 7 de marzo ás 21:00h no restaurante Mundial de Fene. Da cita falounos, Chiki Rodríguez Fontán, vicepresidenta de Por + vida. A cea- baile que organizan no Mundial de Fene acollerá a 80 comensais como tope, que poden inscribirse no propio restaurante ou dirixíndose á asociación Por + vida en persoa ou no teléfono 654 55 92 56. (na imaxe, socias de Por+vida na última participación na Carreira da Muller da Coruña).

O menú será unha laconada, tras a que actuará un dúo musical en directo. As entradas están á venda no propio restaurante Mundial ao prezo de 30€ por comensal. Outros establecementos como Tivoli ou Odeón Spa colaboran na causa con agasallos que se sortearán no transcurso da velada.

O proxecto “Respiro de vida”, a onde irá parar a gañancia desta iniciativa, significa varios dias de vacacións nun ambiente ao aire libre, con actividades para nenos e nenas enfermos oncolóxicos e as súas familias. Os médicos e traballadores sociais serán os encargados de seleccionar aos nenos e nenas que poderán disfrutar deste descanso vacacional que os aparte do hospital por uns dias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora