As responsabilidades de Renfe e do goberno

As responsabilidades de Renfe e do goberno

17 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O xuiz do caso do accidente de tren de Santiago de Compostela dalle tres dias a Renfe para entregarlle todas as comunicacións, actas e informes relacionados coa advertencia sobre o risco da zona de Angrois, enviada ao seu superior polo xefe de maquinistas de Ourense. A alerta falaba do risco da curva da Grandeira, e da súa insuficiente sinalización. Non se adoptaron medidas e o pasado 24 de xullo o Alvia descarrilou provocando 79 mortos.

O presidente da Xunta de Galicia pediu onte respeto para toda a documetnación do sumario e confiou na boa marcha da investigación. O portavoz do BNG Xavier Vence sinalou “a grave responsabilidade de Renfe e do goberno, porque tendo constancia documental de que a curva era perigosa e mal sinalizada non se tomaron as medidas oportunas”.

 

 

Sociedade