A restauración do Pazo de Tovar comezará a principios do vindeiro ano

A restauración do Pazo de Tovar comezará a principios do vindeiro ano

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou esta mañá un investimento de 360 mil euros para a primeira fase das obras de restauración do Pazo-Fortaleza de Tovar no concello lucense de Canedo. Segundo varela neste momento está en marcha a redacción do proxecto de restauración e posta en valor deste ben patrimonial que rematará a finais de setembro. Prévese que as obras se inicien nos primeiros meses do 2011.

Os traballos de restauración inclúen unha intervención de acondicionamento das cubertas e muros, de mellora das medidas de seguridade e das actuacións máis urxentes, que permitirán as visitas e o uso público do Pazo. O Pazo-Fortaleza de Tovar data da primeira metade do século XVI e foi levantado por Don Antonio de Tovar, home de confianza do emperador Carlos V, no mesmo lugar onde se situaba a Torre de Canedo do século XIII. Trátase dunha xoia do gótico isabelino e dun Ben de Interese Cultural que se atopa moi preto do Camiño de Santiago (Camiño do Norte) e que tras a súa posta en valor enriquecerá aínda máis esta ruta xacobea. 

Sociedade