Resultado moi favorable

Resultado moi favorable
31 de Xaneiro, 2022 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

A S.D. Barallobre só perdeu un partido dos últimos cinco disputados na Segunda Galicia de fútbol. O domingo trouxo tres puntos despois dunha produtiva visita a Pontedeume. O Eume B dominou o xogo por completo na primeira parte, pero na última xogada dese tempo, Pereiro marcou un gol de cabeza despois dun centro de Caruncho. Na segunda metade o Eume logrou empatar,e xa nos últimos minutos Yeray aproveitou un balón longo para meter o 1-2. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Óscar Varela:
http://173.255.131.18/audio/310122VARELA.mp3

Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

"Empezamos a notar a recuperación de xogadores" indica o adestrador Óscar Varela. 

Deportes

Publica o teu comentario agora