Retrasos nos trens en Galicia por un problema informático

Retrasos nos trens en Galicia por un problema informático

18 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Un problema informático provocou retrasos entre as 12.00 e 16.30 horas en, polo menos, uns 40 trens en Galicia, de media e longa distancia, ao caerse o sistema e estar a operar "a través do teléfono" de modo manual. Segundo informaron fontes de Adif, o sistema "caeuse" sobre as 12.00 horas o sistema, por un problema informático, no Centro de Tráfico Centralizado (CTC), situado en Ourense.

Isto provocou, segundo as mesmas fontes, que a circulación ferroviaria se regulara de maneira manual a través do teléfono. Así, os trens, segundo Adif, "van lentos" e as estimacións apuntadas por Renfe sitúan nunha media hora, dependendo do convoi, o atraso medio.

Adif destacou que se reforzou o persoal no CTC en Ourense e subliñou que o centro mantén o "máximo nivel" de seguridade porque este fallo informático "non menoscaba" a seguridade ferroviaria.

Sociedade