Revolta feminista

O 8 de marzo, folga das mulleres. De coidados, de consumo, estudantil e laboral.
29 de Xaneiro, 2019 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

Lugo convertirase na capital do feminismo galego acollendo a manifestación unitaria o vindeiro 3 de Marzo de 2019. Será o preámbulo do propio 8 de marzo, cando se convoca de novo a Folga de Mulleres nos eixos laboral, estudantil, de coidados e de consumo.

Lugo convertirase na capital do feminismo galego acollendo a manifestación unitaria o vindeiro 3 de Marzo de 2019. A plataforma Galegas 8M, que aglutina a ducias de colectivos feministas, fixou a convocatoria de manifestación feminista unitaria para o domingo na cidade da muralla. As organizadoras volverán a coordinar rutas de transporte colectivos dende diferentes localidades cara a Lugo. Será a preparación do 8 de marzo. O propio 8 de marzo convocarase de novo a Folga de Mulleres nos eidos laboral, estudantil, de coidados e de consumo.

Tras o éxito da convocatoria do ano pasado en Vigo e da Folga de Mulleres do propio 8 de marzo, a plataforma Galegas 8M retomou a súa actividade cara á organización da manifestación unitaria de 2019 que terá por lema: “Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista”. Decidiuse nas dúas asembleas, celebradas en Cambre (22 de decembro) e Allariz (12 de xaneiro). Os distintos grupos de traballo están a desenvover toda o necesario para que a convocatoria de Lugo toda a forza do feminismo galego. A asemblea informará puntualmente de todo o que poida resultar de interese a través das súas redes sociais Facebook, Twitter, Instagram.

En canto á Folga de Mulleres do 8 de marzo, organízase a nivel local, para o cal están a convocarse asembleas e xuntanzas abertas en diversas localidades do país, como Ferrol, Burela, Compostela, Coruña, Vigo, etc. A Asemblea Galegas 8M formouse en decembro de 2017 co obxectivo de reflexionar e a traballar nun Día das Mulleres a nivel galego que sexa o máis diverso, horizontal e inclusivo posible. Esta asemblea está formada por decenas de colectivos, plataformas e organizacións feministas e mulleres a título individual e ten carácter itinerante, realizando as súas xuntanzas en distintos puntos da xeografía do país.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora