A revolución e os cambios da adolescencia

A revolución e os cambios da adolescencia

14 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mellor palabra que define a adolescencia é cambio. No paso de nena a muller e de neno a home sucédense unha morea de mudanzas. Cambios físicos, hormonais, cognitivos e de comportamento. Unha auténtica revolución, un “maremagnum” de sensacións, pensamentos e estados de ánimo.

O salto á adolescencia vén acompañado de moitos trocos. Os máis visuais son os físicos, nos xenitais, vello corporal, peitos, sudoración. Ademais aparece o acné, máis sebo e troca a estructura corporal. 

Nun contexto humorístico, pódese decir que os adolescentes “son hormonas con patas”. Hormonalmente muda o ton de voz, principalmente nos rapaces, prodúcense as polucións nocturnas (exaculacións involuntarias) e as menarquias (a primeiras regras). 

A adolescencia tamén é o momento dun proceso de maduración. Cambia o carácter e o estado de ánimo é como unha montaña rusa. Prodúcese unha ambivalencia. Pásase  nun chisco da euforia á tristeza. 

Hai que ter en conta a vulnerabilidade dos mozos e das mozas nesta estapa da súa vida, advirte a psicóloga do Centro Quérote de Ferrol, Nuria Roibás. “Ás veces non se corresponde o cambio físico co pensamento do neno ou nenas. Non rematou o seu proceso de maduración” sinala.

Na pubertade chegan os estereotipos. Os rapaces con éxito e os retraídos. Éstes queren unirse aos “guay”, aos que están de moda para acadar un beneficio social. 

A rebeldía, é outra manifestación desta etapa. Un xeito de amosar que xa non son nenos/as. Comezan a seguir as tendencias da moda e destápase o fenómeno fan, que xurde do desexo por mor da revolución hormonal cunha carga erótica derivada da testosterona.

Sociedade