Rexeneran o pinar da praia de Cabanas na Coruña

Rexeneran o pinar da praia de Cabanas na Coruña

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ministerio de Medioambiente y Medio Rural y Marino inicia as obras do Proxecto de recuperación ambiental da masa arborada do pinar de Cabanas na provincia da Coruña. O investimento achegase ao medio millón de euros e realizarase no prazo de dous anos. O pinar de Cabanas , no frente posterior do areal, ubícase sobre terrenos de dominio Público Marítimo-Terrestre, sometido a un intenso uso público,lúdico, recreativo y deportivo.

Estas actuacións supoñen unha primeira fase que se completará cun ordenamento integral das instalacións de temporada da praia. As suas boas comunicacións por autopista coas grandes cidades galegas fai que este areal sexa un dos máis visitados durante a temporada estival. A Demarcación de Costas de A Coruña levou a cabo nos últimos anos un exhaustivo estudo sobre a situación ambiental e fitosanitaria das especies arbóreas existentes. Catalogaronse e inventariaronse todalas especies do lugar, detectando danos, pragas e enfermidades, e analizáronse o chan cos seus nutrintes. Froito destes estudos determináronse os traballos necesarios para preservar a sostenibilidade da masa forestal, establecéndose un programa que se inicia agora. Os traballos realizaránse no prazo de 24 meses en tres zonas de actuación.

Na zona dunar procederáse ao apeo e eliminación de tocóns que colonizan a duna máis próxima á praia, controlando a expansión do pinar e rexenerándoo coas especies adecuadas.  A zona do pinar rexenerarase para devolvelo á situación primitiva, eliminando as árbores enfermas ou mal conformadas. Ademais realizaranse podas controladas, aboando o chan para mellorar os nutrintes. Finalmente repoboarase a zona con especies arbóreas adultas como piñeiros ou carballos. As zonas de acollida, recreo e ocio reordenaránse como espacios públicos, establecendo itinerarios deportivos, con chans naturais e debidamente sinalizados.  Instalarase tamén mobiliario urbán integrado no entorno, con mesas, bancos, fontes e papeleiras ou os accesos peonís de madeira que levan ao areal. Estas actuacións forman parte da política do Ministerio de Mediambiente para recuperar o litoral español en colaboración cos concellos e comunidades autónomas.

Sociedade